Protocolo COVID-19 Casa Pousadoira 2020

Protocolo COVID-19 Casa Pousadoira

PROTOCOLO COVID-19 CASA POUSADOIRA Xuño de 2020

Casa Pousadoira elabora o seguinte documento co fin de xestionar e minimizar o risco de contaxio por COVID-19 nas nosas instalacións, e de xenerar a confianza para que os nosos hóspedes disfruten dunha estancia agradable e segura.
Este protocolo sigue as recomendacións do documento “Medidas para la reducción del contagio por el coronavirus SARS-COV-2”, elaborado por técnicos do ICTE (Instituto de Calidad Turística) para aloxamentos rurais, en colaboración con diversas organizacións sectoriais e profesionais, e coordinado pola Secretaría de Estado de Turismo, as Comunidades Autónomas e a FEMP.
Este protocolo será enviado a todos os nosos clientes a fin de poñelo en coñecemento y deberá ser aceptado por eles.
O noso persoal sigueu e está seguindo webinarios de formación para acometer esta contingencia.

As nosas instalacións

A fin de simplificar os labores de limpeza e desinfección e dotalas da maior eficacia, e seguindo as recomendacións das autoridades competentes fixemos algúns cambios nas nosas instalacións.
Dispoñemos de cartelería informando das medidas implantadas neste protocolo e das pautas a seguir polos nosos clientes.

Zonas comúns:

O salón-biblioteca permanecerá pechado ao público.
Tamén se retiraron mapas, guías e folletos en papel, calquera información solicitada polos nosos hóspedes procuraremos enviala por medios electrónicos.
No comedor reduciremos o aforo, podendo estar ocupadas só tres mesas ao mesmo tempo, a fin de manter a distancia de seguridade. En caso de que haxa máis de tres habitacións ocupadas daremos turno para o almorzo nun horario amplio, de 8,30 a 10,30.

Habitacións

Retiraranse os elementos prescindibles como as alfombras ou as lámparas de mesiña ou
sustituiranse por outros, como mesas camilla con elementos textis por outros de máis fácil limpeza e desinfección.

Limpeza e desinfección das instalacións

Facerase con algún dos produtos aprobados polo Ministerio de Sanidade.
Nas zonas comúns e de paso incrementarase a frecuencia de limpeza, sobre todo en pomos y
manillas de portas, pasamáns, sistemas de cobro, etc, idealmente cada vez que se faga uso deles.
Na entrada á casa hai un xel de mans hidroalcohólico. Os clientes deben facer uso del cada vez que  entren á casa.
O comedor hixienizarase despóis de cada servicio, e as mesas e sillas tamén antes. A mantelería cambiarase entre cada servicio. No comedor hai un xel hidroalcohólico que os clientes deben usar ao entrar. Os almorzos e ceas serviranse con mascarilla pola nosa parte, ao non ser posible manter a distancia de seguridade. Os cubiertos entregaranse desinfectados e protexidos con servilleta.
As habitacións e baños limpiaranse e desinfectaranse cos produtos aprobados polo ministerio.
Os mobles do xardín tamén se limparán e desinfectarán todos os días e cada vez que se usen.

PAUTAS PARA OS NOSOS HÓSPEDES

Se ten síntomas compatibles coa COVID-19 nos días previos á viaxe recoméndase non
viaxar.
Como recomendacións xerais e máis importantes están:
– Manter a distancia de seguridade de 2 m con outras persoas que non sexan da súa
unidade familiar. Se nalgún momento non fose posible usar mascarilla.
– Realizar unha correcta hixiene de mans frecuentemente, e sempre antes de entrar á casa
e ao comedor.

CHEGADA

Debido aos procesos de hixiene e desinfección as tarefas de limpeza levan máis tempo, é
por iso que decidimos retrasar a hora en que se pode chegar para facer o cheking, que será despóis
das 6 da tarde.
Recoméndase que traian as súas propias mascarillas, aínda que procuramos ter algunhas
dispoñibles na casa por se fose necesario.
En Casa Pousadoira non estamos permanentemente na recepción así que deberá chamar á
porta ou por teléfono. Se hai clientes que nese momento están sendo recepcionados deberán esperar mantendo a distancia de seguridade de 2 metros.
El cheking facerase por medios electrónicos e as chaves entregaranse desinfectadas dentro
dun sobre pechado.
É recomendable que desinfecte as súas mans con xel á entrada da casa.

DURANTE A SÚA ESTANCIA

Casa Pousadoira ofrece servicio de almorzo e cea. Debido á reducción do aforo no comedor
e tendo en conta que só pode haber tres mesas ao mesmo tempo, faise necesario, se hai máis de tres mesas para almorzar ou cear, facer turnos, polo que fixaremos una hora para cada mesa.
É importante evitar tocar superficies que non sean de uso exclusivo e desinfectar as mans
antes de entrar á casa ou ao comedor.
Existe unha nevera para uso dos hóspedes, pero deberán contactar con personal da casa cada
vez que queiran gardar algo ou collelo.
Retiramos dos armarios das habitacións enxoval extra como mantas ou almofadas, se
necesitan algo contacten co noso persoal.
É importante manter a distancia de seguridade cos demáis hóspedes, co persoal da casa e cos
nosos veciños.

SAÍDA

Debido ás novas rutinas de limpeza e desinfección necesitamos máis tempo así que
adiantamos a saída do establecimento, (chek out), ás 11 da mañá.
Recoméndase o pago con tarxeta, TPV será desinfectado antes e despóis de cada uso.
As chaves deben deixarse na porta da habitación.
Se, durante a súa estancia, algún hóspede enfermase con síntomas de COVID-19,
proporcionaráselle unha mascarilla e deberá quedarse aillado na súa habitación, ata que chegue persoal sanitario. Os demáis hóspedes ateranse ao que dicten as autoridades sanitarias, ao igual que o resto de persoal da casa.
Esperamos que, adoptando as medidas deste protocolo poidan pasar una estancia agradable e reconfortante na nosa casa.

View this post on Instagram

Tarde de campo #turismorural #casapousadoira #ecotur

A post shared by Casa Pousadoira (@casa_pousadoira) on