Betanzos

Betanzos é unha antiga cidade, os romanos chamárona Brigantium, asentada na desembocadura de dous ríos, o Mendo e o Mandeo. Declarada conxunto histórico artístico considérase a capital do gótico galego, coas igrexas de Santiago, Santa Maria do Azougue e San Francisco como máiximos expoñentes. Nesta última atópanse sepulcros medievais, coma o de Pérez de Andrade. É moi agradable recorrer a vila, as suas rúas que suben e baixan por un casco antigo ainda habitado e tranquilo, admirar as suas casas e soportais, as galerías, e descansar para repoñer forzas tomando algo na zona calexas, tanto de comer coma de beber. Moitos son os lugares que nos ofrecen unha vista estupenda en Betanzos.

Nas aforas queda O Pasatempo, construido polos irmás García Naveira, emigrantes a América, e que o concebiron como un parque enciclopédico, intentando trasladar aos seus paisanos o que viran polo mundo adiante.

As suas festas máis populosas son en agosto, o San Roque, coa solta do globo de papel, e a subida polo rio até os Caneiros, romaría fluvial.

En Betanzos, cabeceira da comarca das Mariñas, ainda hai feira todos os días 1 e 16 de cada mes, así como mercado os martes, xoves e sábados.

http://unpaseounafoto.blogspot.com.es/2011/09/betanzos.html