As fragas do Eume

Un lugar que ninguén que veña ao Golfo Ártabro pode deixar de visitar. As Fragas do Eume son o último bosque atlántico que nos queda na Península. Foron declaradas parque natural en 1997 e abarcan unhas 9.000 ha. Foi declarado tamén Lugar de Importancia Comunitaria, e está considerado un dos mellores exemplos de bosque atlántico termófilo do continente europeo

A Fraga é un tipo de bosque que se caracteriza pola sua gran diversidade biolóxica, tanto vexetal como animal, e pola sua frondosidade. Desde as terras máis baixas de Pontedeume até Monfero ou A Capela o parque, tamén moi humanizado, ten ademáis de bosque, terras de pasto para o gando, e cultivos. Tamén garde testemuñas da historia coma o Mosteiro de Monfero ou o de Caaveiro.

Pode accederse ao parque dende varios puntos. Por Pontedeume vaise remontando o río Eume até case chegar a Caaveiro, (en tempada alta hai que deixar o coche a medio camiño e continuar a pé, en bici ou nos buses que se habilitan para ilo). Esta é a visita máis rápida e non por iso menos fermosa, dende Caaveiro poden facerse rutas de senderismo. Tamén se pode acceder por Monfero ou pola Capela.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *