Santo André de Teixido

“A San Andrés de Teixido vai de morto quen non foi de vivo”. Con este esplícito refrán popular queda claro que a peregrinación a San Andrés de Teixido é de obrigado cumprimento polo menos unha vez na vida. En Galicia, polo menos no noroeste, é tan importante ir a San Andrés como a Santiago. A San Andrés de lonxe íase a pé ainda nos anos 60, polo menos no último tramo porque os coches non chegaban a aquela aldea colgada no medio do acantilado. San Andrés é un lugar máxico onde os haxa, beber na sua fonte polos tres caños é un ritual de fertilidade, coller un cachiño de herba namoradeira para metela nun peto da persoa amada sin que se decate e facer que caia rendida por nós.

O enclave natural é espectacular, na Serra da Capelada, non moi lonxe de San Andrés está a Garita de Herbeira, curiosa a sua construcción de pedra, incluida a cuberta en forma de bóveda), punto máis alto e vixía da serra, 613 m de altitude e un 80% de pensiente, de puro cantil e ao frente o Atlántico inmenso. Os cuartos cantís máis altos de Europa, comparables aos fiordos.

Antes de enfiar o camiño de San Andrés teremos pasado por Cedeira fermosa vila cunha estupenda praia, onde se pode parar a comer moi ben. A partir de Cedeira collemos a carretera da costa para atravesar a Serra da Capelada, e do outro lado agárdanos Cariño, imposible non facer unha parada nun pobo con ese nome, vila mariñeira é Cariño, famosa polos seus percebes, coma toda esta zona, e con varias praias de singular beleza coma a de Fornos ou a de Figueiras.