Paseos a pé

O entorno máis próximo da casa é moi apropiado para dar cortos ou non tan cortos paseos a pé. Vivimos nun ambiente absolutamente rural, nunha aldea dunhas dez casas, e na proximidade doutras aldeas similares. A peculiar distribución da poboación rural en Galicia fai que o noso medio natural estea moi humanizado e sexa moi transitable.

A paisase é a típica de minifundio, con terras de labor, prados, e un pouco máis alonxado o bosque. A un km aproximadamente pasa o rio Lambre, cunha vexetación de ribeira autóctona, e moi perto tamén o seu aluente, o río do Medio, ofrécenos un paseo verdadeiramente delicioso, cunha gran diversidade de especies vexetais, ademáis de mostrarnos un asombroso exemplo de aproveitamento ancestral da enerxia da sua canle, cun conxunto de sete muiños e unha vella central hidroeléctrica.

Hai que decir que as carreteras que pasan por esta zona son secundarias, polo cal o tránsito e o ruido son mínimos.

Destacar que dende este mesmo ano 2013 o Concello de Miño ao que pertencemos está incluido na Reserva da Biosfera As Mariñas Terras do Mandeo.