Daldea Pousadoira

DALDEA POUSADOIRA: CULTURA GASTRONÓMICA CONTACTO 981777898 629280565 info@pousadoira.com Inscrita no Rexistro de Industrias Agrarias: 15/40970 Nº Rexistro Sanitario: 21.21183/C O noso obxetivo cando decidimos instalarnos en Pousadoira era vivir e traballar ao 100% no medio rural. Sempre pensamos que o turismo rural era unha actividade máis a desenvolver no medio rural, pero sin esquecer as demáis; todo o contrario, pensamos que é moi importante manter a actividade de todo tipo para ter un turimo rural atractivo, onde haxa paisaxes naturais e animais pero tamén persoas que traballan e viven, e paisaxes agrícolas que sustentan unha economía. Queremos un medio rural vivo, onde a produción de alimentos sans de xeito respectuoso co medio ambiente sexa preponderante, algo que fixeron tradicionalmente os labregos. Pensamos que debe haber un futuro proudutivo para o medio rural, que xenere traballo e vida, e unha das alternativas fundamentais será sempre a producción de alimentos. A PRODUCCION Sempre elaboramos as nosas proprias marmeladas e outras conservas, coma tomate, para o noso consumo e o dos nosos hóspedes. No ano 2003 decidimos dar un paso máis e construir un obradoiro para elaborar estas e outras conservas. Hoxe en dia elaboramos e comercializamos estes productos

CEBOLA FRITIDA: Este é un produto especialmente pensado para a elaboración de empanadas en panaderías e pastelerías. En envases de 10 kg. a cebola vai realmente fritida en aceite, de oliva ou xirasol, o cal xunto coa calidade das cebolas nos permite sacar un produto totalmente novedoso que millora sustancialmente a calidade da cebola procesada xa existente no mercado.

CABELO DE ANXO: Elaboramos cabelo de anxo de forma totalmente artesanal, en envase pequeno para consumo doméstico e tamén en tamño maior para o consumo de pasteleria.

 

MARMELADAS: Seguimos elaborando marmeladas, tomate, etc, para consumo e venta na propia casa.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *