A horta e os animais

galo-gallo-chiken-casa-pousadoira

Inscrita no CRAEGA co nº GA/879/PV/AFN Dende o ano 1993 temos a nosa horta inscrita no Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica. Para nós é moi importante a producción dos nosos propios alimentos. Cultivamos según os preceptos da agricultura orgánica, sin engadir abonos químicos nin pesticidas perxudiciais para a nosa saúde e o noso entorno, o que resulta en alimentos sans e saborosos, recollidos no seu punto óptimo de madurez e levados á mesa coa máxima frescura. Temos algúns animais coma galiñas ou porcos, que nos fornecen de ovos, algo de carne, e son un eslabón moi importante na horta ao aportar esterco para abonar. horta-casa-pousadoira