Casa Pousadoira

CASA POUSADOIRA: TURISMO RURAL E AGRICULTURA ECOLÓXICA Inscrita no rexistro de actividades turísticas co nº TR-CO-0022 CONTACTO 981777898 / 607767369 / 629280565 info@pousadoira.com

Casa Pousadoira en Miño (Galicia)Cando ves a Pousadoira fas moito máis que turismo rural. Estás apoiando o desenvolvemento do medio rural e a poboación que vive e traballa nel. No ano 1994 encetabamos as obras de reconstrucción dunha vella casa de labranza, de construcción tradicional, que non puido ser recuperada na sua totalidade, pero da que mantivemos a tipoloxía tradiconal. Dende entón xa fixemos varias reformas e obras de mantemento, a última acabou en 2008. Aberta dende 1995, Casa Pousadoira é unha casa sinxela pero acolledora, onde tentamos que a xente se sinta cómoda e participe por uns dias deste xeito de vida e das ilusións que nos animan. Casa Pousadoira en Miño (Galicia)

INSTALACIÓNS

4 cuartos dobles con baño, 3 deles con sala, estes son moi amplos, é posible poñer camas supletorias para nenos.

ADEGA: planta baixa,cama de matrimonio

MONTE: planta baixa, cama de matrimonio e duas camas máisindividuais. É un cuarto cuádruple, ideal para familias, só funciona no verán.

 

HORTA: 1ª planta, cama de matrimonio (1.50*2.00 m), sala

ALBARIZA: 1ª planta, 2 camas, sala

HORREO: 1ª planta, cama de matrimonio, sala, unha litera.

Hai un berce gratuito a disposición dos hóspedes SALÓN DE USO COMÚN con televidión, lareira e biblioteca. Xogos de mesa. Conexión wi-fi COMEDOR para almorzo e cea XARDÍN arredor da casa, 1000 m2

HORTA DE CULTIVOS ECOLÓXICOS: Cultivamos hortalizas para autoconsumo na casa. Estamos certificados polo Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia.