O comedor

Temos un comedor para dar os almorzos e tamén ceas. Só servimos comidas ás persoas que se hospedan na casa.

  • Almorzo: consta de zumo de laranxa natural ou limonada, repostería caseira, torradas con manteiga ou aceite e marmelada caseira, e unha bebida como café, té, etc. Está incluido no prezo dos cuartos.
  • Cea: para cear na casa é preciso avisarnos e reservar a cea, millor pola mañá. Elaboramos un único menú, que consiste nun entrante e un plato, auga, pan, postre, café/infusión. Non está incluido o viño. A cea custa 12,00 euros para adultos e 8,00 euros para os nenos.

Os productos que usamos para as comidas son nunha gran maioría de producción propia na nosa horta ecolóxica: patacas, verduras e hortalizas, ovos, legumes, algunhas froitas e algunha carne. A nosa cociña é sinxela e de tempada. Tamén facemos algunhas conservas coma marmeladas, cabelo de anxo, etc.