Praia de Valdoviño e Lagoa da Frouxeira

Esta é unha importante zona de paso e descanso para as aves migratorias. Tamén é unha praia moi frecuentada polos surfistas, xunto coa de Doniños. Todo este litoral, dende Mugardos até Cariño, ten unha protección especial LIC (Lugar de importancia comunitaria), e ZEPA (Zona de especial protección para as aves. Ademaís da praia da Frouxeira, temos cerca a de San Xurxo, Pantín, Pedrouzo, Doniños, Campelo, Vilarrube. É unha costa máis agreste e moito menos masificada, dun gran interés botánico e faunístico, e por suposto de gran beleza.