A lenda da Ponte do Porco

Cruceiro da Ponte do PorcoA Ponte do Porco é unha pequena aldea na desembocadura do Río Lambre, de gran beleza natural, e débelle o seu nome a un feito histórico que alí acaeceu, ou tal vez fose unha lenda…

Don Nuno Freire de Andrade, señor medieval das terras de Pontedeume, tiña unha filla chamada Tareixa. Tiña tamén ao seu servizo un doncel fermoso e sorrinte ao que chamaban Roxín Roxal. Tanta estima lle tiña don Nuno que certa vez regaloulle o seu puñal de prata. Entre Tareixa e o doncel nasceu un amor imposíble. Don Nuno ao sabelo toleu e decideu casar a filla con don Henrique Osorio, nobre tamén. Tareixa casou e Roxín Roxal pasaba día e noite cheo de melancolía. Unha tarde don Nuno sorprendeuno a ollar para a xanela de Tareixa e botouno das suas terras.

Don Henrique non sabía qué facer para gañar a admiración da súa esposa. Un día, contra o que era costume, convidouna a presenciar unha cacería dun porco bravo que estragava as colleitas dos labregos da comarca. A partida chegou até a beira do Lambre. Alí aparece o porco bravo. Henrique Osorio colle o arco e dispara unha frecha que fire ao porco no lombo pero non o mata. A fera abalánzase entón sobre dona Tareixa e fírea de morte. Don Henrique, o cobarde fuxe guindándose pola ponte, mentres o porco bravo acaba coa vida da sua dona.

A traxedia contouse darredor de todas as lareiras. Non había ninguén que non soubese da dureza de corazón do pai, da cobardía do xenro, do amor infinito do donzel. E dalí a uns días, de mañá, o porco bravo apareceu no medio da ponte morto. No pescozo levaba cravada até a empuñadura a daga de prata que don Nuno regalara a Roxín Roxal. Desde aquela, aquel lugar coñécese polo nome de Ponte do Porco.


Ponte do Porco es una pequeña aldea en la desembocadura del Río Lambre, de gran belleza natural, y le debe su nombre a un hecho histórico que allí pasó, o tal vez fuese una leyenda…

Don Nuno Freire de Andrade, señor medieval de las tierras de Pontedeume, tenía una hija llamada Tareixa. Tenía también a su servicio un doncel hermoso y sonriente al que llamaban Roxín Roxal. En tanta estima lo tenía don Nuno que cierta vez le regaló su puñal de plata. Entre Tareixa y el doncel nació un amor imposible. Don Nuno al saberlo enloqueció y decidió casar a la hija con don Henrique Osorio, noble también. Tareixa se casó y Roxín Toxal pasaba día y noche lleno de melancolía. Don Nuno lo sorprendió mirando la ventana de Tareixa y lo echó de sus tierras.

Don Henrique no sabía qué hacer para ganar la admiración de su esposa. Un día, contra lo que era costumbre, la invitó a presenciar una cacería de un jabalí que destrozaba las cosechas de los campesinos de la comarca. La partida llegó hasta las orillas del Lambre. Allí apareció el jabalí. Henrique Osorio coge el arco y dispara una flecha que hiere al jabalí en la espalda pero no lo mata. La fiera se abalanza entonces sobre doña Tareixa y la hiere de muerte. Don Henrique, el cobarde, huye tirándose por el puente, mientras el jabalí acaba con la vida de su esposa.

La tragedia se contó alrededor de todas las lareiras. No había nadie que no supiese de la dureza de corazón del padre, de la cobardía del yerno, del amor infinito del doncel. Y al cabo de unos días, por la mañana, el jabalí apareció en medio del puente, muerto. En el cuello llevaba clavada hasta la empuñadura la daga de plata que don Nuno le había regalado a Roxín Roxal. Desde entonces, aquel lugar se conoce por el nombre de Ponte do Porco.

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *