Última actualización

21-02-2007

Aviso Legal


O PROXECTO

No ano 1995 abría as súas portas ao público CASA POUSADOIRA, unha casa de turismo rural, que formaba parte dunha explotación agrícola familiar ao norte da provincia da Coruña e que se convertia ao mesmo tempo en vivenda dos propietarios, e no comenzo dun proxecto global de recuperación e posta en valor desta unidade agrícola abandonada nese momento. Foi unha elección dunha forma de vida á que nos levou a querencia pola terra e o medio rural, e o desexo de vivir e traballar neste medio e de xerar alternativas nel. Despois de 10 anos, seguimos niso.
Case ao mesmo tempo, un par de anos antes, xa foran incristas algunhas fincas (2000 m2) no Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica, para a produción de hortalizas para consumo propio e no comedor da casa.
Máis adiante implicámonos activamente na recuperación das castes autóctonas de vides propias da zona de Betanzos e iniciamos a plantación, tamén según as normas e criterios da agricultura ecolóxica, dunha viña que hoxe ocupa uns 4.000 m2 de superficie e da que elaboramos o noso viño ecolóxico a partir de 2005.
Coa idea de completar e complementar o noso proxecto, ao mesmo tempo que aumentabamos a familia, e sempre animados pola mesma filosofia de respecto e cariño pola calidade, o medio ambiente e as producións tradicionais e artesás.

Baixo a marca DALDEA POUSADOIRA comercializamos o noso viño e hortalizas, así como conservas vexetais coma marmeladas ou cabelo de anxo, que elaboramos no noso obradoiro, moi perto da casa de turismo rural, de xeito ecolóxico.

Agardamos que toda esta idea que se vai facendo realidade pouco a pouco te cautive e te anime a visitarnos.
 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


novias free stats alta en buscadores

 

[v.7.1]-