Arquivos da etiqueta: plantas tintóreas

Curso de procesado da lá. Fiado, tinguido, feltrado. Pousadoira, 4 e 5 de xuño de 2016

Novelos de lá de ovella
Lá de ovella fiada á man.

A lá das ovellas é un recurso fabuloso, que na actualidade a miúdo non é aproveitado. Aínda que laborioso, o procesado da lá é unha actividade moi creativa e agradecida, que nos dá grandes satisfaccións, ao permitirnos elaborar toda clase de tecidos. Fiada ou feltrada, tinguida de cores ou natural, será unha materia prima natural e agarimosa para multitude de prendas e tecidos. Dende mantas ata bolsos, prendas de vestir, accesorios… existen infinitas posibilidades de uso da lá.

No Centro para a Resiliencia Pousadoira temos claro que o procesado da lá é unha actividade a rescatar e poñer en valor, e por iso vimos organizando varios obradoiros en torno a esta materia. O próximo será este mes de xuño.

CONTIDOS:

Fiando na roda

Sábado 4 de xuño pola mañá:  Fiado de lá de ovella con fuso e con roda de fiar.  Partiremos de lá de ovella natural e aprenderemos a facer fío listo para tecer.  Tamén veremos o lavado e cardado da lá. Con Begoña de Bernardo, do Centro para a Resiliencia Pousadoira

Fieltrado de lá

Sábado 4 de xuño pola tarde: Obradoiro de iniciación ao feltrado.       Neste caso, a partires da lá faceremos un pano de feltro, utilizando as técnicas de mollado e con agulla, e elaboraremos unha pequena peza. Con Sandra Vilas, artesá téxtil e creadora de “Boina Galega”.

Lás tinguidas con tintes naturais

Domingo 5 de xuño pola mañá: Tinguido de lás con tintes naturais.  Para completar o traballo faceremos tintes e tinguidos. Bea Arias, a nosa alquimista, introduciranos no mundo dos tintes cun obradoiro onde repasará os tipos de fibras, os tintes, mordentes, as técnicas de tinguido, plantas tintóreas, e daranos algunha receta. Así mesmo faceremos algúns tinguidos .

Prezo do curso:  Cada obradoiro por separado 25.00 euros e apúntandose aos tres 50.00 euros

Xantar do sábado: 9.00 euros

Pernoctación en Casa Pousadoira de sábado a domingo con almorzo incluido: 20.00 euros persoa.

INFORMACIÓN E RESERVAS:  info@pousadoira.com,  981777898   607767369