Arquivos da etiqueta: cociña

Vindeiros cursos e obradoiros no Centro para a Resiliencia Pousadoira

Cociña italiana, cultivo de setas e elaboración de cervexa caseira serán os próximos obradoiros que faceremos en Casa Pousadoira en marzo e abril.

Elaboración de pasta fresca e cociña italiana

Elaboración de pasta fresca e recetas de cociña italiana.

O próximo 29 de marzo, sábado, teremos un obradoiro para aprender a elaborar pasta fresca na casa, e ademáis cociñaremos 7 recetas de cociña italiana, recetas coas que comeremos ao remate do curso, que se realizará ao longo da mañá, de 10 a 14 horas. Así que este curso ten un doble aliciente, aprender e degustar o aprendido. Tallarines, risotto, lasagna, tiramisú…
Contaremos para impartilo con Vanesa Oporto, profesora de cociña.  Prezo: 40 euros

Cultivo de setas

O sábado seguinte, 5 de abril, teremos un obradoiro para aprender a cultivar setas na casa. Aprenderemos unha chea de cousas sobre os fungos, clasificación, morfoloxía, propiedades nutritivas, e por suposto cómo cultivalos nós mesmos, en troncos,  en restos de podas, palla ou borras de café. Será tamén pola mañá de 10 a 14 horas, con pausa para un café.

Este curso impárteo Miguel Ángel Rodríguez, de Micología Salvaterrae costa 35.00 euros

Elaboración de cervexa caseira

Cociendo el ceral para cerveza
Elaboración de cervexa caseira.

O 12 e 13 de abril repetiremos o noso xa clásico curso de elaboración de cervexa. O ultimo tivemos que suspendelo así que o trasladamos para esta data. Aproveitade porque igual é o último curso de cervexa desta tempada. Coma sempre estará impartido por Miguel Anxo Abraira e durará día e medio, o sábado todo o día e o domingo pola mañá. Terá parte teórica e práctica, elaborando unha pequena partida de cervexa. Explícase o proceso desde o malteado do cereal.
O prezo é de 45.00 euros.

Para inscribirvos nalgún dos cursos tedes varias maneiras de contactar connosco.

Agardamos que estas actividades resulten interesantes, e animámosvos a propoñernos outras.