Arquivos da etiqueta: cebada

20 e 21 de abril de 2013. 4º Curso de Elaboración Artesanal de Cervexa. Miño, A Coruña

Como no último curso de cervexa que fixemos quedaron algunhas persoas sin plaza, e había tamén algunhas ás que nos lles iban ben as datas, decidimos repetilo no mes de abril.

Este é un dos cursos que máis interés despertan dos que vimos realizando en Casa Pousadoira, en parte polo doado que resulta aprender a facer a nosa propia cervexa na nosa casa, cos utensilios que calquera pode ter nunha cociña, (case non temos que mercar nada), e en parte tamén polo rica que sae a cervexa caseira, e claro, porque é un pracer e unha satisfacción convidar aos amigos a tomar unha cervexa feita por nós mesm@s

No curso de dous días de duración, enseñamos cómo facer a cervexa desde cero, realizando nós mesmos todo o proceso, dende o malteado do cereal. Na foto da esquerda pode verse trigo da variedade Callobre, colleitado en Galicia, en proceso de xerminación para o seu posterior malteado.

Retirando a escuma durante o proceso de fermentación

CONTIDOS DO CURSO

  1. Presentación do curso
  2. Visión global do proceso biotecnolóxico
  3. Ingredientes e utensilios a usar na elaboración caseira de cervexa
  4. Etapas na elaboración da cervexa
  5. Clausura do curso (embotellado da cervexa)

Ao tempo que se dan as explicacións teóricas iranse vendo todos os pasos na práctica, desde o malteado do cereal até o embotellado.

IMPARTIDO POR

Miguel Anxo Abraira Sobrado: Técnico en Saude Ambiental, con amplia experiencia no campo da elaboración de productos agroalimentarios coma bebidas e conservas vexetais.

DATAS: 20 e 21 de abril de 2013
O 20 todo o dia e o 21 pola mañá, remataremos co xantar.

LUGAR: Casa Pousadoira

 Pousadoira, Callobre Miño A Coruña

PREZO DO CURSO: 45.00 euros
Pernoctación en Casa Pousadoira: 20.00 euros con almorzo incluido
Comidas: 8.00 euros cada unha

MAIS INFORMACIÓN E RESERVAS: info@pousadoira.com   981777898   607767369

3º Curso de Elaboración Artesanal de Cervexa. Miño, A Coruña, marzo de 2013

Estase achegando a primavera e qué mellor actividade que entreterse aprendendo a facer a nosa propia cervexa en previsión dun caluroso verán. Este é un dos cursos que máis interés despertan dos que vimos
realizando en Casa Pousadoira, en parte polo doado que resulta aprender a facer a nosa propia cervexa na nosa casa, cos utensilios que calquera pode ter nunha cociña, (case non temos que mercar nada), e en parte tamén polo rica que sae a cervexa caseira, e claro, porque é un pracer e unha satisfacción convidar aos amigos a tomar unha cervexa feita por nós mesm@s

No curso de dous días de duración, enseñamos cómo facer a cervexa desde cero, realizando nós mesmos todo o proceso, dende o malteado do cereal. Na foto da esquerda pode verse trigo da variedade Callobre, colleitado en Galicia, en proceso de xerminación para o seu posterior malteado.

Cervexa realizando a fermentación

CONTIDOS DO CURSO

  1. Presentación do curso
  2. Visión global do proceso biotecnolóxico
  3. Ingredientes e utensilios a usar na elaboración caseira de cervexa
  4. Etapas na elaboración da cervexa
  5. Clausura do curso (embotellado da cervexa)

Ao tempo que se dan as explicacións teóricas iranse vendo todos os pasos na práctica, desde o malteado do cereal até o embotellado.

IMPARTIDO POR

Miguel Anxo Abraira Sobrado: Técnico en Saude Ambiental, con amplia experiencia no campo da elaboración de productos agroalimentarios coma bebidas e conservas vexetais.

DATAS: 23 e 24 de marzo de 2013
O 23 todo o dia e o 24 pola mañá, remataremos co xantar.