Resiliencia vs. Sustentabilidade

arbre azoutada polo vento

Dennis Meadows, un dos autores principais de “Limits to Growth”, dirixíase en Bucarest aos membros do Clube de Roma en 2012 coas seguintes palabras:

“Estamos xa máis aló dos límites (en situación de overshoot ou extralimitación). O tipo de transicións graduais e ordenadas que se poderían ter feito nos anos 70 do século XX non resultan xa posibles no século XXI; non ten sentido seguir fantasiando co mítico desacoplamento ou o non menos mítico desenvolvemento sostible. Fronte á noción de sustentabilidade, recomenda Meadows, falemos de RESILIENCIA para os tempos durísimos que veñen, temos que tentar gañar resiliencia. Dito doutra forma, abandonemos a ilusión de transicións ordenadas e fagamos fronte á moito máis dura realidade dos colapsos que se aveciñan”.

A SUSTENTABILIDADE en ecoloxía describe como os sistemas biolóxicos se manteñen diversos e produtivos co paso do tempo. Refírese ao equilibrio dunha especie cos recursos do seu entorno.

Desde a perspectiva da prosperidade humana a sustentabilidade foi definida como a satisfacción das necesidades da actual xeración sen sacrificar a capacidade de futuras xeracións para satisfacer as súas propias necesidades. Sería preciso concretar esas necesidades, cáles é razoable seguir pensando en satisfacer e cáles vai ser imposible. A qué debemos/podemos renunciar.

A idea do desenvolvemento económico non se ten desprendido do obxectivo do crecemento económico mais crecemento e sustentable son dúas palabras que xa non deberían ir xuntas, empezan a ser o que se chama un oxímoro, xa que se contrapoñen. No crecemento non hai equilibrio, senón consumo crecente de recursos e de enerxía, aumentos crecentes da poboación, e cantidades crecentes de residuos.

RESILIENCIA é unha palabra derivada do verbo latino Resilire, saltar cara atrás, rebotar

A resiliencia é un concepto que se aplica a moitas ciencias ou disciplinas, en física, resistencia de materiais e en ciencias sociais.

En psicoloxía defínese como a capacidade humana de asumir con flexibilidade situacións límite e sobrepoñerse a elas, saíndo fortalecido/a da experiencia.

En ecoloxía, como a capacidade das comunidades de soportar, adaptarse e recuperarse a perturbacións ambientais adquirindo novas ferramentas.

En socioloxía a resiliencia é a capacidade que teñen os grupos sociais para sobrepoñerse aos resultados adversos, reconstruíndo os seus vínculos internos, a fin de facer prevalecer o sentido do colectivo.

Podemos visualizar a resiliencia nunha árbore azoutada polo vento, que se inclina, e cando o vento para, recobra a sua liña vertical, quizais non de todo, pode que quede un pouco ladeada, pero resistiu o temporal, mesmo queda en mellores condicións de soportar o seguinte vendaval, pois seguirá medrando e arraigando algo deitada.

A resiliencia maniféstase nunha actitude de loita, que neste caso ten máis que ver coa loita por buscar alternativas, por xerar autosuficiencia, por resolver os nosos problemas, por buscar ferramentas novas, que coa loita no sentido de confrontación. Na confrontación perdemos moita enerxía que quizais xa non nos poidamos permitir estragar. Na confrontación a árbore pode quebrar.

Con frecuencia ás persoas que predicamos que as causas últimas desta crise son as escasezas, -a escaseza de enerxía e de materiais, os límites físicos do planeta aos que estamos chegando, como algo inexorable, e que ademais parece fatídico-, inevitablemente pregúntasenos polas solucións, como é lóxico.

E todas as cousas que se poden facer para enfrontar o problema, poden resumirse en que temos que construír esa resiliencia.

A nivel individual, pero sobre todo a nivel colectivo. E cómo construirla? Pois tentando analizar o escenario ao que nos leva esta situación, incluso imaxinando o peor escenario posible, sendo conscientes de toda a enorme repercusión que terá este feito e a partir de aí, construiremos primeiro a nosa resiliencia individual, asumindo e sobrepoñéndonos ás circunstancias (perder o medo, “asumir o risco de fracaso total”), e nun segundo paso, contribuíndo a crear comunidades, colectividades resilientes no noso entorno. Unha vez que aceptemos a realidade e desbotemos a fantasía de voltar ao crecemento económico sentirémonos libres para afrontar o futuro con outras perspectivas novas, baixo outras premisas.

Piares básicos da Resiliencia

  • A recuperación do sentimento de colectividade. A colaboración e cohesión. Nace a necesidade de colaborar. O individualismo é froito dun excedente de enerxía e recursos.
  • Facerse donos dos recursos reais. Porque cando se esborralla a riqueza ficticia, -a financeira, a bolsa e os mercados-, o que queda son os recursos reais, os que valen para comer, e eses son a terra fértil, a auga, o territorio nun senso máis amplo, as sementes, e o coñecemento, o noso saber facer, cómo nós sabemos traballar con eses recursos. Por iso na actualidade estamos a presenciar máis que nunca o espolio deses recursos: non é casualidade que lles interesen aos ricos e poderosos, que nos prohíban recoller e usar a nosas propias sementes, que nos cobren até pola auga da choiva… ,porque os cartos, as accións en bolsa, en definitiva, son moi malas de roer.
  • Empoderamento das persoas e das comunidades, aprendendo a cubrir as nosas necesidades básicas. A capacidade (individual e colectiva) para autoabastecernos de alimentos, para construírmonos un acubillo, para quentarnos, para curarnos, fainos máis valentes, máis libres.

Neste sentido, ao tempo que o sistema vixente se vai deteriorando, -cuestión necesaria por outra parte para propiciar o cambio de paradigma-, faise necesario ir creando alternativas, exemplos de vías posibles, e neste contexto é que estamos reconvertendo algúns o noso traballo. A idea dun Centro para a Resiliencia en Pousadoira (Miño), xurdiu desa necesidade e agardamos que sexa un punto de información, formación e divulgación, por unha parte do problema que nos ocupa e preocupa, e por outra das cousas que podemos ir facendo para enfrontalo. É un proxecto ambicioso que agardamos ir desenvolvendo pouco a pouco e con moita axuda, e cuxa actividade se vai centrar principalmente nos puntos seguintes:

  • Xerar autosuficiencia a través da realización de obradoiros: bioconstrución, téxtil, agroecoloxía, saúde natural, permacultura.
  • Aproveitamento dos recursos locais.
  • Elaborar un mapa de recursos humanos local.
  • Adicar unha especial atención á maternidade e á crianza, desde o convencemento de que “só cambiando a forma de nacer, e de criar/educar, podemos cambiar o mundo”, integrando esta faceta en toda a nosa actividade dun xeito transversal.

En definitiva, fomentar a cultura do bon vivir, simple mais valioso, intenso, máis aló do sobrevivir, do malvivir nos últimos estertores deste sistema.Un artigo de Begoña de Bernardo Miño

En definitiva, fomentar a cultura do bon vivir, simple mais valioso, intenso, máis aló do sobrevivir, do malvivir nos últimos estertores deste sistema.

Fiando Futuro

By continuing to use the site, you agree to the use of cookies. more information

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close