Curso teórico-práctico de elaboración caseira de cervexa. Maio de 2012

Casa Pousadoira organiza para os dias 26 e 27 de maio un curso para aprender a facer a nosa propia cervexa na casa, cos utensilios que todos podemos ter nunha cociña normal, sin case ningún custe de inversión.

O curso vai dirixido a calquera persoa que queira aprender a facer cervexa a pequena escala, para consumo propio.

Coma sempre ofrecemos a posibilidade de quedar a durmir en Casa Pousadoira e por suposto de comer e cear.

CONTIDOS

  1. Presentación do curso
  2. Visión global do proceso biotecnolóxico
  3. Presentación dos ingredientes a usar na elaboración de cervexa
  4. Inicio da elaboración de cervexa caseira
  5. Etapas na elaboración da cervexa
  6. Clausura do curso (embotellado da cervexa)

Ao tempo que se dan as explicacións teóricas iranse vendo todos os pasos na práctica, desde o malteado do cereal até o embotellado.

IMPARTIDO POR

Mª José Martelo Vidal: Enxeñeira Técnica Agrícola na especialidade de Industrias Agrarias e Alimentarias
Miguel Anxo Abraira Sobrado: Técnico en Saude Ambiental, con amplia experiencia no campo da elaboración de productos agroalimentarios coma bebidas e conservas vexetais.

DATAS: 26 e 27 de maio
O 26 todo o dia e o 27 pola maña, remataremos co xantar.

PREZO DO CURSO: 40.00 euros
Pernoctación en Casa Pousadoira: 20.00 euros con almorzo incluido
Comidas: 8.00 euros cada unha

MAIS INFORMACIÓN E RESERVAS:

info@pousadoira.com 981777898 607767369