Curso de procesado da lá. Fiado, tinguido, feltrado. Pousadoira, 4 e 5 de xuño de 2016

Novelos de lá de ovella
Lá de ovella fiada á man.

A lá das ovellas é un recurso fabuloso, que na actualidade a miúdo non é aproveitado. Aínda que laborioso, o procesado da lá é unha actividade moi creativa e agradecida, que nos dá grandes satisfaccións, ao permitirnos elaborar toda clase de tecidos. Fiada ou feltrada, tinguida de cores ou natural, será unha materia prima natural e agarimosa para multitude de prendas e tecidos. Dende mantas ata bolsos, prendas de vestir, accesorios… existen infinitas posibilidades de uso da lá.

No Centro para a Resiliencia Pousadoira temos claro que o procesado da lá é unha actividade a rescatar e poñer en valor, e por iso vimos organizando varios obradoiros en torno a esta materia. O próximo será este mes de xuño.

CONTIDOS:

Fiando na roda

Sábado 4 de xuño pola mañá:  Fiado de lá de ovella con fuso e con roda de fiar.  Partiremos de lá de ovella natural e aprenderemos a facer fío listo para tecer.  Tamén veremos o lavado e cardado da lá. Con Begoña de Bernardo, do Centro para a Resiliencia Pousadoira

Fieltrado de lá

Sábado 4 de xuño pola tarde: Obradoiro de iniciación ao feltrado.       Neste caso, a partires da lá faceremos un pano de feltro, utilizando as técnicas de mollado e con agulla, e elaboraremos unha pequena peza. Con Sandra Vilas, artesá téxtil e creadora de “Boina Galega”.

Lás tinguidas con tintes naturais

Domingo 5 de xuño pola mañá: Tinguido de lás con tintes naturais.  Para completar o traballo faceremos tintes e tinguidos. Bea Arias, a nosa alquimista, introduciranos no mundo dos tintes cun obradoiro onde repasará os tipos de fibras, os tintes, mordentes, as técnicas de tinguido, plantas tintóreas, e daranos algunha receta. Así mesmo faceremos algúns tinguidos .

Prezo do curso:  Cada obradoiro por separado 25.00 euros e apúntandose aos tres 50.00 euros

Xantar do sábado: 9.00 euros

Pernoctación en Casa Pousadoira de sábado a domingo con almorzo incluido: 20.00 euros persoa.

INFORMACIÓN E RESERVAS:  info@pousadoira.com,  981777898   607767369

 

 

 

 

 

 

 

 

Cómo iniciar a Transición Pospetróleo-Curso oficial 7 e 8 de maio de 2016

 

http://static.blogo.it/ecologiablog/ecologiablog_pueblos_en_transicion.jpg

Retomamos as actividades no Centro para a Resiliencia neste ano coa convocatoria deste importante curso da Rede de Transición.

É o primeiro que se organiza en Galicia e contaremos coa presenza de Juan del Río e Ana Huertas. Desenvolverase ao longo de dous días e agardamos que sexa unha experiencia moi intensa e ilusionante e que saiamos cargadas de enerxía transformadora para acometer a tan necesaria transformación económica e social que precisamos con urxencia.

Esta é unha ferramenta que nos pode facilitar ese arranque inicial que precisamos para iniciar proxectos transformadores no noso entorno máis próximo, que ás veces parece tan hostil. Aproveitemos a oportunidade.

A Transición é a resposta das comunidades de personas ao declive da Era Industrial, marcada polo Pico do Petróleo,  desde un presente que depende dos combustibles fósiles, o consumo desaforado, a destrucción do Planeta e as desigualdades entre os pobos, a outra realidade desexable basada na localización da produción, o uso da enerxía e os bens que se poden obter de maneira sostible do noso Planeta, a preeminencia da colectividade,  a recuperación das habilidades para a vida e a armonía co resto da Naturaleza.

O Movimiento de Transición é o esforzo colectivo de  máis persoas cada día, que optan por organizarse para facer fronte de maneira creativa ao desafío do Pico do Petróleo, o Cambio Climático e a Crise Económica, desenvolvendo iniciativas nas súas comunidades (barrios, pobos, illas, vecindarios, cidades…) que aumentan a capacidade de supervivencia e bon vivir, na  perspectiva dos importantes cambios que imos  vivir nos próximos anos, como consecuencia da decrecente disponibilidade das materias enerxéticas fósiles, o declive xeral dos recursos naturais e a alteración do clima.

CursoTransición_Mayo2016_A Coruña_Gallego

Lugar de realización do curso: Casa Pousadoira. Callobre Miño, A Coruña.

Datas: 7 e 8 de maio de 2016

Facilitado por: Juan del Río e Ana Huertas

Precio do curso:  110.00 euros, con posibilidade de 2 intercambios ao 50%

Plazas limitadas, data límite para inscribirse 24 de abril

Contacto: Begoña de Bernardo  981777898   607767369

info@pousadoira.com

Obradoiro de cultivo de cogumelos

Curso setas 2015

Novo curso de cultivo de cogumelos en Casa Pousadoira, para o 21 de novembro de 2015.  A mellor maneira  de estar seguros da especie de cogumelos que recollemos é cultivándoos nós mesmas. Unha maneira sinxela e deliciosa de comer cogumelos.

Aprenderemos diversas maneiras de cultivar capelos na casa, e tamén a micorrizar árbores.

O curso inclue unha bolsiña de micelio de Pleorotus e inóculo de Níscalos.

IMPARTIDO POR: Miguel Ángel Rodríguez,  de Micología Salvaterra

DATA: sábado, 21 de novembro de 2015, de 10:00 a 14:00 horas

LUGAR: Casa Pousadoira. Pousadoira 4 Callobre Miño  A Coruña

INSCRIPCIÓNS: info@pousadoira.com  ou nos los teléfonos 981777898   607767369 

Coma sempre  pódese quedar a xantar na casa, precio do xantar: 13.00 euros (incluirá cogumelos)

1º Encontro MULLERES EN TRANSICIÓN 20, 21 de xuño de 2015

CARTAZ ENCONTROEstamos inmersas nunha profunda crise multidimensional: crise económica e financeira, crise enerxética e de materiais, crise de coidados, que repercute desigualmente nas distintas partes do mundo, e tamén nas distintas capas sociais.

Estamos ante o fin dunha era, a industrial, e dun sistema económico, o capitalista. É tempo por tanto de mudanzas, de reflexións para tomarmos a iniciativa de qué mundo queremos construir.

O ecofeminismo enlazado co decrecemento pode aportar moito ao cambio de valores que precisamos para enfocar a vida desde unha perspectiva de calidade que nos permita sobrevivir dignamente a un posible colapso civilizatorio.

Neste 1º encontro propoñémonos unha reflexión a respeito do que precisamos para desenvolver e coidar a VIDA, unha vida plena que mereza ser vivida, tendo en conta un futuro en descenso enerxético e de crecemento material limitado.

Serán dous días de traballo, debate e reflexión, con lugar para o encontro con nós e entre nós, para divertirnos e agasallarnos e de onde agardamos que saian ideas e documentos para aportar ao debate público femista e decrecentista na Galiza.    Tex diptico (5) online   O prezo do encontro inclue: Asistencia a todas as conferencias e actividades, xantar e cea do sábado e xantar do domingo, servizo de asistencia para as crianzas. Pódese pernoctar na Casa Pousadoira (15.00 euros noite con almorzo incluido) e tamén hai espazo para algunha tenda.

Información e reservas: mulleresentransicion@gmail.com  ou 981777898    607767369

O evento en Facebook

AFORO LIMITADO

Curso de elaboración de cervexa caseira. 19 de abril de 2015

botellas de cervexa artesá
Cervexa artesá

 

Achégase o verán así que é tempo de facer cervexa. O próximo 19 de abril teremos en Pousadoira un novo curso de elaboración de cervexa caseira. Será unha única xornada, na que se elaborará unha partida de cervexa e se impartirán  as  explicacións teóricas durante os tempos mortos que hai durante a elaboración.

CONTIDOS DO CURSO

  1. Nocións básicas
  2. Visión global do proceso biotecnolóxico
  3. Ingredientes e utensilios a usar na elaboración caseira de cervexa
  4. Etapas na elaboración da cervexa
  5. Embotellado

IMPARTIDO POR

Miguel Anxo Abraira Sobrado: Técnico en Saude Ambiental, con amplia experiencia no campo da elaboración de productos agroalimentarios coma bebidas e conservas vexetais.

DATA: 19 de abril de 2015

LUGAR: Casa Pousadoira. Pousadoira, Callobre Miño A Coruña

PREZO DO CURSO: 40.00 euros. Pernoctación en Casa Pousadoira: 20.00 euros con almorzo incluido. Comidas: 10.00 euros cada unha. MAIS INFORMACIÓN E RESERVAS.  981777898     607767369 ou info@pousadoira.com

Curso de Bioconstrucción

 

Curso Bioconstrucción 2014
Prácticas con barro en Pousadoira, Con Guido Tomasini

Durante os meses de novembro e decembro de 2014 e ao longo de 6 sesións de 5 horas cada unha, dende o Centro para a Resiliencia impartimos un curso de Bioconstrucción encargado pola Asociación de desenvolvemento rural MARIÑAS-BETANZOS, dentro do programa integrado para o emprego “BIOSFERA EMPREGA”.

Ao longo do curso tocáronse os temas básicos da bioconstrucción, dende os principios de deseño, até as técnicas constructivas, materiais etc. e mesmo se fixeron prácticas. As clases teóricas impartíronse na Fundación Juana de Vega, en San Pedro de Nós e as prácticas en Casa Pousadoira.

O curso foi impartido por Begoña de Bernardo, enxeñeira agrónoma. Para as prácticas con barro contamos coa colaboración de Guido Tomasini, experto bioconstructor. Tamén visitamos unha estufa de alto rendemento en construcción e fabricamos unha cociña solar.

cociña solar
Fabricando unha cociña solar
Curso de Bioconstrucción 2014
Facendo pinturas en Pousadoira

 

Obradoiro 2014 de introdución á fitoterapia. Identificación e usos de plantas medicinais presentes no noso entorno

IMG_2241

Coma en anos anteriores repetimos co curso de plantas medicinais. Será o 5 de xullo, e nesta ocasión dun día de duración. Pola mañá faceremos unha breve sesión teórica, cunha introdución á fitoterapia e repaso das preparacións máis frecuentes e asequibles que podemos facer a partir de plantas.  Logo sairemos ao campo para recoñecer e recoller plantas.  E xa pola tarde teremos un obradoiro práctico de elaboración de recetas con Carmela Valiño, de Milhulloa.

Data do curso: 5 de xullo de 2014
Horario: De 10 a 14 horas pola mañá e de 16 a 20 pola tarde

PROGRAMACIÓN

Camomila romana (Chamaemelum nobile). Foto de H. Zell. Fonte: Wikimedia Commons.
Camomila romana (Chamaemelum nobile). Foto de H. Zell. Fonte: Wikimedia Commons.
Mañá

  1. Breve historia da fitoterapia
  2. Plantas máis utilizadas nas doenzas máis frecuentes
  3. Principais plantas medicinais en Galicia e usos
  4. Tratamento das plantas medicinais unha vez recollidas
  5. Formas de aplicación das plantas medicinais
  6. Saída ao campo para o recoñecemento e recolección de plantas

Tarde

Elaboración de distintas receitas:

  • Xarabes: afeccións respiratorias, menopausa, febre
  • Locións e tinturas para dores reumáticas e musculares
  • Pomada antiséptica
  • Destilación por corrente de vapor (obtención de aceites esenciais)

IMPARTIDO POR

Begoña de Bernardo: Enxeñeira agrónoma, promotora do Centro para a Resiliencia Pousadoira.

Carmela Valiño: Socia traballadora en Milhulloa S.Coop. Galega, desde 2001, adicada á produción ecolóxica e transformación de plantas medicinais e aromáticas. Licenciada en Bioloxía pola USC.

PREZO DO CURSO

50.00 euros.

XANTAR: 9.00 euros.

Coma sempre pódese quedar a durmir na casa, cun desconto do 10% para as persoas que veñan facer o obradoiro.

INFORMACIÓN E RESERVAS

 

981777898 – 607767369

info@pousadoira.com

Plantas medicinales - Plantas medicinais

O Centro para a Resiliencia Pousadoira na outra TV

O pasado día 1 de abril a canle de TV por Internet Galiza Ano Cero emitiu un debate en torno á publicación do libro «Guía para o descenso enerxético».

No debate participou Begoña de Bernardo, a responsable do Centro para a Resiliencia Pousadoira, quen explicou entroutras cousas a relación entre o concepto de resiliencia e o inminente descenso enerxético causado polo Peak Oil.

O debate foi presentado e moderado pola xornalista especializada en temas medioambientais Rebeca Fernández Hermo e contou tamén coa presenza de dous expertos nos temas enerxéticos e alimentares como son Xoán Ramón Doldán, presidente da Asociación Véspera de Nada por unha Galiza sen petróleo, e Lidia Senra, histórica militante do Sindicato Labrego Galego.

Na canle de Galiza Ano Cero en Vimeo podedes ver o debate completo así como algún fragmento breve do debate coas opinións de Begoña de Bernardo.

Curso de elaboración de cervexa na casa

IMG_1756
Cervexa elaborada en Casa Pousadoira

Unha nova edición do noso curso de elaboración de cervexa terá lugar o 12 e 13 deste mes, e este xa será o último desta primavera. Así que se queredes presumir de cervexa artesá este verán feita por vós mesmos facede un oco, que aprender é moi sinxelo e facer a nosa propia cervexa algo moi asequible.

Coma sempre comenzaremos o sábado coas nocións teóricas pola mañá, e despois do xantar, no que cataremos cervexa artesán, continuaremos pola tarde facendo a práctica de elaboración, práctica que continuará o domingo pola mañá.  Explicarase todo o proceso, incluindo o malteado do cereal.

CONTIDOS DO CURSO

  1. Presentación do curso
  2. Visión global do proceso biotecnolóxico
  3. Ingredientes e utensilios a usar na elaboración caseira de cervexa
  4. Etapas na elaboración da cervexa
  5. Clausura do curso (embotellado da cervexa)

Ao tempo que se dan as explicacións teóricas iranse vendo todos os pasos na práctica, desde o malteado do cereal até o embotellado.

IMPARTIDO POR

Miguel Anxo Abraira Sobrado: Técnico en Saude Ambiental, con amplia experiencia no campo da elaboración de productos agroalimentarios coma bebidas e conservas vexetais.

DATAS: 12 e 13 de abril de 2014.
O 12 todo o dia e o 13 pola mañá.
LUGAR: Casa Pousadoira.
Pousadoira, Callobre Miño A Coruña

PREZO DO CURSO: 45.00 euros.
Pernoctación en Casa Pousadoira: 20.00 euros con almorzo incluido.
Comidas: 10.00 euros cada unha.
MAIS INFORMACIÓN E RESERVAS.  981777898     607767369 ou info@pousadoira.com

Obradoiro de cultivo de cogumelos na casa

Curso Setas

O próximo sabado día 5 de abril pola mañá teremos un obradoiro  de cultivo de cogumelos, impartido por Miguel ángel Rodríguez, de Micología Salvaterra

O obradoiro terá parte práctica e parte teórica. Ademáis os participantes levarán unha bolsiña de micelio para que poidan iniciar o seu propio cultivo na casa.

CONTIDOS DO TALLER

– Introdución

– Breve reseña histórica de funxicultura

– Composición nutritiva e propiedades medicinais

– Clasificación dos fungos (saprófitos, micorrícicos e parásitos)

– Morfoloxía, partes dunha seta e reproducción

– Factores de crecemento

– Obtención e multiplicación de micelio

– Cómo obter micelio en grao

– Fases xerais do cultivo (tipos de sustratos: troncos, palla, podas, etc., incubación e colleita)

Para os que non somos expertos recoñecendo setas, e para dispoñer delas todo o ano, este pode ser un método cómodo e seguro.



Fiando Futuro