Curso de Elaboración de Conservas Caseras de Alimentos, 11 e 12 de mayo de 2013

Conservas artesanais de Daldea Pousadoira
Marmeladas

Os días 11 e 12 de maio realizaremos en Casa Pousadoira un curso para aprender a elaborar na casa
conservas de alimentos de forma eficaz e segura.

Dende sempre os seres humanos de todas as culturas e latitudes fixeron tratamentos dos alimentos para que estes non se deteriorasen e se conservasen máis tempo aptos para ser consumidos. Salgaduras, fermentacións, desecados, embutidos, e un longo etc. de tratamentos que fan que dun xeito ou doutro poidamos consumilos en boas condicións durante máis tempo.

Cada vez hai máis xente que se anima a cultivar froitas e hortalizas, mesmo en pequenos espazos. Todos
sabemos da abundancia puntual que proporcionan os nosos cultivos, e do saborosos que están e gustaríanos poder conservalos para non desperdiciar nada e poder seguir disfroitando deles. Ás veces tamén ocorre que hai épocas en que podemos atopar un alimento no mercado a moi bo prezo (como sucede co bonito), e o resto do ano non o hai, así que sería útil poder mercalo nese momento e conservalo nós
mesmos. 

Pero para facer esto temos que estar seguros do que facemos, para conservar os alimentos nas mellores
condicións, respecto das súas propiedades nutritivas, e para conservalos dun xeito seguro para a nosa saúde chega con saber unhas cantas cousas e ser coidadosos na elaboración das nosas conservas. 

Daldea Pousadoira, empresa irmán de Casa Pousadoira, elabora conservas vexetais artesanais dende fai 10
anos, e contaremos con esta experiencia para aprender o imprescindible para facer as nosas conservas na casa.

CONTIDOS DO CURSO

Introdución á conservación de alimentos

  1. Composición dos alimentos
  2. Deterioro dos alimentos. A oxidación, o enranciamento, microorganismos

Perigos para a saúde na conservación de alimentos e cómo evitalos

  1. Patóxenos
  2. O Ph

Métodos de conservación de alimentos

  1. Microorganismos útiles
  2. Desecación
  3. Conservas de vexetais ao natural
  4. Encurtidos en vinagre
  5. Marmeladas e confituras
  6. Conservas de peixe e carne
  7. Conxelación

PRACTICAS

  1. Elaboración dunha marmelada en conserva
  2. Elaboración de salsa de tomate en conserva
  3. Elaboración de mexillóns en conserva
  4. Escabeche de peixe en conserva

DURACIÓN E LUGAR

Sábado todo o día e domingo pola mañá. En Casa Pousadoira, Callobre, Miño
A Coruña
11 e 12 de maio de 2013

PREZO: 50.00 euros

INFORMACIÓN E RESERVAS: info@pousadoira.com   981777898    607767369