Curso de Horticultura ecológica. Autosuficiencia alimentaria

En Casa Pousadoira seguimos programando cursos sobre cousas útiles. Agora propoñémosvos un curso sobre cultivo de hortalizas enfocado ao consumo propio. Aprenderemos a programar o cultivo, a distribuir espazos na horta, a manexar a terra e a fertilidade, ademais de todo o relacionado coa sementeira e cultivo das plantas máis habituais nas nosas hortas. Variedades, rotacións e asociacións de cultivos, doenzas e plagas, e cómo conservar os alimentos para aproveitar os excedentes.

Será ao longo de tres fins de semana durante a primavera.
31 de marzo e 01 de abril, 12 e 13 de maio, 9 e 10 de xuño

O curso estará impartido fundamentalmente por Begoña de Bernardo, Enxeñeira Agrónoma, e contaremos puntualmente con dous colaboradores máis, que nos falarán de temas específicos.

PROGRAMACIÓN:
31 de marzo e 01 de abril:

  1. As explotacións tradicionais. Ciclo pechado de materia e enerxía.
  2. Planificación da nosa horta, qué cultivos poñer e ónde.
  3. Fertilidade da terra, principais técnicas para mantela e acrecentala.
  4. Manexo do solo, laboreo, cándo e cómo.
  5. Enmendas e abonado. Abonos verdes. Acolchados.
  6. Compost.
  7. Semilleiros, variedades.

PRÁCTICAS: Realización de semilleiros de tomate, pemento, leituga, aromáticas. Elaboración de compost.

12 e 13 de maio

  1. Rotacións e asociacións de cultivos
  2. A importancia de ter animais, horta ou granxa?
  3. Trasplante e cuidados das principais plantas hortícolas.
  4. Regas, podas, escardas
  5. Doenzas e plagas. Productos fitosanitarios seguros. Fauna beneficiosa.

PRÁCTICAS: Trasplante dos semilleiros feitos. Seguimento de cultivos, probable recolección de chícharos. Poda de fresas. Seguimento do compost.

9 e 10 de xuño

  1. Adventicias, plantas indicadoras.
  2. Recolección e conservación de sementes.
  3. Conservación de colleitas: conxelación, desecado, conservas
  4. Nocións de permacultura

PRÁCTICAS: Poda de tomates, colleita de patacas de cedo, seguimento dos cultivos. Seguimento do compost.

PREZO: 100.00 euros
Coma sempre pódese quedar a durmir a noite do sábado en Casa Pousadoira, e tamén comer ou cear.
Prezo das comidas: 8.00 euros
Aloxamento máis almorzo: 15.00 euros por persoa.
Para apuntarte e reservar plaza podes chamarnos aos telefonos 981777898 607767369 ou enviarnos un correo a info@pousadoira.com