 DALDEA POUSADOIRA: CULTURA GASTRONÓMICA
CONTACTO 981777898 629280565 info@ousadoira.com
Inscrita no Rexistro de Industrias Agrarias: 15/40970
Nº Rexistro Sanitario: 21.21183/C
O noso obxetivo cando decidimos instalarnos en Pousadoira era vivir e traballar ao 100% no medio rural.
Sempre pensamos que o turismo rural era unha actividade máis a desenvolver no medio rural, pero sin esquecer as demáis; todo o contrario, pensamos que é moi importante manter a actividade de todo tipo para ter un turimo rural atractivo, onde haxa paisaxes naturais e animais pero tamén persoas que traballan e viven, e paisaxes agrícolas que sustentan unha economía. Queremos un medio rural vivo, onde a produción de alimentos sans de xeito respectuoso co medio ambiente sexa preponderante, algo que fixeron tradicionalmente os labregos.
Pensamos que debe haber un futuro proudutivo para o medio rural, que xenere traballo e vida, e unha das alternativas fundamentais será sempre a producción de alimentos.
A PRODUCCION
Sempre elaboramos as nosas proprias marmeladas e outras conservas, coma tomate, para o noso consumo e o dos nosos hóspedes.
No ano 2003 decidimos dar un paso máis e construir un obradoiro para elaborar estas e outras conservas. Hoxe en dia elaboramos e/ou comercializamos productos ecolóxicos e tamén convencionais que son os seguintes, por orde de importancia:
CEBOLA FRITIDA: Este é un produto especialmente pensado para a elaboración de empanadas en panaderías e pastelerías. En envases de 10 kg. a cebola vai realmente fritida en aceite, de oliva ou xirasol. o cal xunto coa calidade das cebolas nos permite sacar un produto totalmente novedoso que millora sustancialmente a calidade da cebola procesada xa existente no mercado.
HORTALIZAS FRESCAS: Envasamos, manoxamos, etiquetamos e comercializamos hortalizas frescas coma espinacas, verzas, xudías, ou grelos. Nalgún caso son de producción propria pero noutros recollémolas de productores da zona e transportámolas aos puntos de venda.
CABELO DE ANXO: Elaboramos cabelo de anxo de forma totalmente artesanal, en envase pequeno para consumo doméstico e tamén en tamño maior para o consumo de pasteleria.
PRODUCTOS ECOLÓXICOS: Tanto a nosa horta coma a industria están inscritas no Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia. Producimos hortalizas diversas para consumo na casa. Elaboramos marmeladas, tomate e pisto en conserva según as normas ecolóxicas. Son productos que elaboramos en pequena cantidade, de xeito artesanal, para o consumo na casa e tamén para a venda. |