 CASA POUSADOIRA: TURISMO RURAL E AGRICULTURA ECOLÓXICA
Inscrita no rexistro de actividades turísticas co nº TR-CO-0022
CONTACTO 981777898 / 607767369 / 629280565 info@pousadoira.com
Cando ves a Pousadoira fas moito máis que turismo rural. Estás apoiando o desenvolvemento do medio rural e a poboación que vive e traballa nel.
No ano 1994 encetabamos as obras de reconstrucción dunha vella casa de labranza, de construcción tradicional, que non puido ser recuperada na sua totalidade, pro da que mantivemos a tipoloxía tradiconal. Dende entón xa fixemos varias reformas e obras de mantemento, a última acabou en 2008.
Aberta dende 1995, Casa Pousadoira é unha casa sinxela pero acolledora, onde tentamos que a xente se sinta cómoda e participe por uns dias deste xeito de vida e das ilusións que nos animan.
INSTALACIÓNS
6 cuartos dobles con baño, 3 deles con sala
ADEGA: planta baixa,cama de matrimonio
MONTE: planta baixa, cama de matrimonio
FORNO: planta baixa, duas camas
HORTA: 1ª planta, cama de matrimonio (1.50*2.00 m), sala,
ALBARIZA: 1ª planta, 2 camas, sala
HORREO: 1ª planta, cama de matrimonio, sala, posibilidade de 2 camas supletorias.
Hai un berce gratuito a disposición dos hóspedes
SALÓN DE USO COMÚN con televidión, lareira e biblioteca. Xogos de mesa. Conexión wi-fi
COMEDOR para almorzo e cea
XARDÍN arredor da casa, 100 m2
HORTA DE CULTIVOS ECOLÓXICOS: Cultivamos hortalizas para autoconsumo na casa. Estamos certificados polo Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia.
PREZOS
Cuarto doble con baño: de 49.60 a 62.00 e/noite
Cuarto d. c/baño e sala: de 53.50 a 67.00 e/noite
Cama supletoria: de 13.60 a 17.00 e/noite
Almorzo: INCLUIDO Consta de froita fresca, zumo de laranxa natural, manteiga e marmelada caseira, reposteria caseira, pan, queixo, una bebida coma café con leite ou té.
Cea: 12.00 e/persoa, é preciso reservar pola mañá
TODOS OS PREZOS LEVAN O IVE INCLUIDO
TEMPADAS: Estamos adscritos ao programa dos DIAS VERDES do Turismo Rural de Galicia.
|
CALENDARIO DÍAS VERDES |
|
|
2010  |
CONSULTAR OFERTAS: familias, grupos, estancias largas, etc. |